Monday 13 de May de 2024

Verbena, actividades litúrxicas e infantís para celebrar a Festa da Guía en Carreira


Un ano máis, o Concello de Riveira asume a organización das tradicionais Festas da Nosa Señora da Guía da parroquia de Carreira, que se celebrará o vindeiro luns 5 de xuño.

As tradicionais bombas de palenque anunciarán a festividade para dar paso a continuación a unha alborada e pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Xiada.

Tocante a actos litúrxicos, haberá misas na capela da Guía dende as 8 horas ata o mediodía e ás 18, 29 e 20 horas. A misa solemne terá lugar ás 13 horas e estará cantada polo Coro Parroquial de Carreira.

De 16.30 a 20.30 horas haberá actividades infantís no campo da festa, con inchables e outras divertidas propostas.

Finalmente, ás 22 horas haberá unha verbena amenizada pola orquestra Saudade.